Productos en PVC

O PVC, un material elaborado nun 57% a partir dun elemento natural, o sal común, e nun 47 % de produtos derivados do petróleo, fan del, pola súa relación calidade-prezo, e pola súa alta capacidade de illamento térmico e acústico, un elemento inmellorable para a elaboración de carpinterías exteriores.

Illamento térmico e acústico:

Como complemento ás mesmas, elaboramos todo un sistema de elementos de protección exterior (persianas, mosquiteiras, contrafiestras, etc.), que fan da fiestra, xunto a un vidro elixido adecuadamente, un muro infranquexable aos axentes atmosféricos, reducindo considerablemente os custos enerxéticos de calefacción e aire acondicionado.

                                                                             

Variedade en perfís:

Así mesmo, a gran variedade de perfís, gamas de cores, e imitacións a madeiras nobres, confiren ese gusto pola estética que unha vivenda de hoxe en día demanda.

 

 

 

Baixo mantemento e rápida instalación:

Se a todo isto sumámoslle a rápida instalación das mesmas, e o nulo mantemento que posúen (auga e xabón para a limpeza), obtemos un produto que satisfai todas as nosas expectativas.

 

Perfís (Shüco)

Corona CT 70, atemporal, seguro, eficiente

O sistema de fiestras Corona CT 70 é o máis universal entre todas as fiestras de PVC. Ofrece un alto illamento térmico e unha gran cantidade de accesorios versátiles.

A construción de 5 cámaras e unha maior profundidade do marco de 70 mm son a base para un illamento excelente. En combinación coas xuntas perimetrales e o vidro termoaislante, conséguese un altísimo coeficiente de illamento

Corona CT 70 CavaCorona CT 70 RondoCorona CT 70 Classic

 Corona CT 70 Cava             Corona CT 70 Rondo          Corona CT 70 Classic

+máis

 

Corona SI 82, perfís de aforro enerxético, para os máis esixentes

Co sistema Corona SE 82, fabrícanse as fiestras de aforro enerxético Thermo 6, a resposta idónea aos gastos enerxéticos crecentes e aos requerimientos máis esixentes da protección do medio ambiente.

Con seis cámaras de aire pechadas dentro do perfil, conséguese un illamento térmico que ata a data soamente fora posible con medidas adicionais moi custosas. Cambiando as súas fiestras vellas por unhas novas deste tipo pode aforrar ata un 19% do seu consumo enerxético actual. Para unha casa unifamiliar normal, isto poden ser ata 660 litros de gasóleo, co que se reduce a contaminación de CO2 nuns 1.050 m3.

Corona SI 82

+máis